25 Xullo: A tradicional manifestación do BNG polo Día dá Patria Galega volveu ás rúas de Compostela tralo parón do pasado ano debido á Covid-19

25 Xullo 2021

A portavoz nacional, Ana  Pontón, arrancou o seu discurso na Quintana, este ano tamén con pantalla desde Praterías, presumindo de Galiza como “un gran País” pola súa cultura, pola súa lingua, polos seus recursos e, sobre todo, “pola súa xente”, un pobo que demostrou do que é capaz co seu comportamento exemplar durante a pandemia. “Foi esa xente grande”, recalcou, -a que deu o mellor de si durante a crise, sobre todo na sanidade pública e nas residencias-, “a que fai a Galiza aínda máis grande”.

Unha Galiza sen límites da man du BNG que tampouco se pon límites e que se presenta como a alternativa real e solvente para liderar o País.

“As galegas e os galegos teñen no BNG a alternativa sólida, solvente e fiable para liderar o País, recalcou Pontón, quen convida a seguir sumando “nun BNG aberto e plural onde teñen cabida todas as persoas que lle queren a Galiza e buscan un futuro mellor, todas as persoas que poñan por diante a defensa dos intereses deste País. Recibirémolas cos brazos abertos”.

Fronte á Galiza “pequena” e de mirada curta que propón o Goberno dun Feixóo que nin se atreve a reclamar máis competencias,  está a Galiza sen límites do BNG que reclama un novo status de nación.

“Feixóo non quere competencias, porque a mais competencias máis se lle ve a súa incompetencia”, ironizou, “basta xa desa mirada miope e acomplexada, que pasa tanto tempo mirando para Madrid que non ve a riqueza que lle rodea”.  Por contra,  destacou Pontón, desde  o Bloque Nacionalista Galego,  “nin queremos poñernos límites, nin que outros nolos poñan, non queremos que nos impidan camiñar cara a un novo status de nación, porque Galiza non pode quedar na liga das rexións, temos que xogar na liga das nacións”, proclamou.

Esa Galiza de futuro é a que defende o BNG coas mans libres, o que lle permite defender os intereses dos e das galegas nos retos de País, fronte as forzas estatais submisas ao centralismo e ao servizo dos lobbys económicos a través das portas xiratorios.

Outros artigos

Sábado empeza con nubes que darán paso a sol e temperaturas en alza

O sábado comezaremos a xornada cos ceos cuberto. A partir do mediodía os ceos quedarán con apertura de grandes claros. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente e as máximas sobre os 25 graos. O vento soprará frouxo de compoñente oeste. O domingo teremos sol e...

+

Ambar organiza unhas xornadas deemprego en Ribeira e Rianxo

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional organiza este mes de xuño unha actividade para romper barreiras en materia de emprego e igualdade: as Xornadas de Emprego dirixidas a mulleres con diversidade funcional. Desenvolveranse nos concellos de Ribeira...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Non é iso, non é iso trabúcanse”. Antón Luaces

“Non é iso, non é iso trabúcanse”. Antón Luaces

Dende o clásico "pezqueñines no, gracias" dos anos 80 do sèculo pasado, a outras campañas de corte semellante desenvolvidas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, os distintos gobernos españois nunca apoiaron con convencemento ao sector pesqueiro,...