21 gardas civís inician as súas prácticas na provincia, incluídos os concellos de Noia, Outes e Boiro

21 Xullo 2021

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; deu a benvida este 21 de xullo aos 21 gardas civís que desde esta semana desenvolverán as súas prácticas formativas na provincia coruñesa. No acto, animou ás e aos axentes a aproveitar este período para “adaptarse e prepararse para os grandes retos que terán que afrontar durante o seu futuro profesional”.

Nun acto celebrado na comandancia da Coruña, xunto ao coronel Francisco Javier Jambrina, a subdelegada do Goberno trasladou aos futuros gardas civís a responsabilidade de traballar para “que A Coruña sexa aínda máis segura”.

As e os 21 gardas civís realizarás as súas prácticas en trece cuarteis da provincia, nas localidades de Fene, Melide, Noia, Ordes, Ortigueira, Outes, Sada, Arteixo, Boiro, Cambre, Culleredo, Carballo e Oleiros. Dos 21 axentes, catro son mulleres.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.