Volve con 17 postos a feira Eco-lóxica de Boiro

03 Xuño 2021

O Concello de Boiro informou hoxe un regreso agardado: a volta do mercado de produtos locais e de proximidade que se viña celebrando de xeito puntual no municipio. Segundo confirmou o Goberno local, a feira Eco-lóxica de Saberes e Sabores vaise levar a cabo os segundos e cuartos sábados do mes, iniciando o vindeiro día 12 de xuño, na praza da Terceira Idade. Na presentación estiveron o alcalde, José Ramón Romero, o concelleiro de Comercio e Industria, Marcos Fajardo, e Patricia Giao, do departamento de cultura e xuventude.

O obxectivo do Concello de Boiro é “potenciar o mercado de produtos de proximidade, dando continuidade a unha feira que se viña realizando en Boiro, para crear sinerxías entre este sector e o comercio e a hostalaría do municipio”.

Segundo fixo saber o alcalde, “cada vez son mais as persoas que mercan e consumen produtos locais de proximidade, polo que é moi importante que exista no municipio un punto de venta concreto e estábel no tempo para a súa comercialización e dar resposta á demanda das persoas compradoras”. Romero engadiu que “esta feira busca potenciar a vida comercial do pobo e a venda de produtos de proximidade, conxugando ademais propostas culturais para darlle un valor engadido”.

Na primeira xornada da feira vanse instalar 17 postos, entre os que hai artesanía, produtos da horta e establecementos de segunda man. Estarán instalados dende as 10 a 14 horas e haberá un obradoiro impartido por Cruz Vermella, unha actuación musical e sesión vermú con polbeira. A programación cultural estará suxeita a variacións.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.