Últimos días para solicitar as axudas REACTIVA da Deputación para hostalaría e axencias de viaxe. O prazo remata o martes 15

13 Xuño 2021

O vindeiro martes 15 de xuño, ás 14:00 horas, rematará o prazo para que negocios de hostalaría, hospedaxe e axencias de viaxe da provincia da Coruña poidan solicitar as axudas PEL-Reactiva da Deputación.

Desde a súa apertura, o 3 de maio presentáronse preto de 3.000 solicitudes, das que 2.500 (máis do 80%), xa foron pagadas ou se atopan en trámite de pagamento. Atendendo a estas cifras, na actualidade xa se concederon máis de 3,6 millóns de euros en subvencións.

A axilidade na tramitación das axudas “para adaptarnos ás demandas dun sector que precisa liquidez inmediata”, segundo explicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, é unha das principais vantaxes da convocatoria deste programa REACTIVA. todas as axudas do PEL-Reactiva

As axudas á hostalaría están sendo tramitadas directamente desde a Deputación e son compatibles coas subvencións doutras administracións. O tempo medio de pago é de 7,5 días, chegando a alcanzar un tempo mínimo de 0,6 días, un récord no pagamento de subvencións na Deputación.

Como presentar solicitudes?

As axudas PEL-Reactiva Hostalería diríxense ás persoas traballadoras por conta propia ou autónomas e ás microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que figuren dadas de alta no IAE con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2021 en calquera dos epígrafes relativos a bares e restaurantes (agrupacións do IAE 67), hospedaxe (epígrafe 68), axencias de viaxe  (epígrafe 755) e salas de festa e discotecas (epígrafe 969.1), que non foran beneficiarios/as das axudas do Fondo de Financiamento para a Reactivación Económica e Social de PEL-Reactiva e cuxo domicilio fiscal conste nun concello da provincia da Coruña.

A presentación de solicitudes realizarase de forma telemática a través da plataforma SUBTeL (https://sede.dacoruna.gal/subtel/). A documentaciónnecesaria é a seguinte:

–       Certificado de vida laboral do/a autónomo/a onde conste a data de alta no RETA (no caso de que o/a solicitante sexa persoa física).

–       Certificado de situación censual da Axencia Estatal da Administración Tributaria, actualizado a efectos de determinar a data de inicio da actividade.

–       Información de datos bancarios:

o   Persoas físicas que actúen no seu propio nome: designación de conta bancaria (código IBAN ou CCC).

o   Persoas físicas que actúen a través de representante e persoas xurídicas: certificación bancaria ou documento de banca electrónica que conteña o nome ou razón social, o CIF/NIF e a identificación da conta bancaria (código IBAN/CCC).

Preto do 70% das solicitudes presentadas ata o momento foron realizadas por persoas autónomas e un 86% das entidades e solicitantes atópanse dadas de alta no epígrafe 67, correspondente a bares e restaurantes.

No referente á distribución por concellos a día de hox, a meirande parte dos solicitantes teñen o seu domicilio fiscal na Coruña, Santiago, Ferrol, Narón e Carballo. Destaca tamén o alto volume de solicitudes rexistrada en Fisterra.

Podese atopar máis información sobre esta liña de axudas na páxina web do Plan de Emprego Local:https://pel.gal/

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...