Tres mil pequenos negocios de hostalaría e axencias de viaxe recibirán 4,5 millóns en axudas do PEL-REACTIVA da Deputación da Coruña

19 Xuño 2021

Preto de 3.000 pequenos negocios de hostalaría, hospedaxe, ocio nocturno e axencias de viaxe da provincia da
Coruña recibirán 4,5 millóns de euros en axudas do programa REACTIVA da Deputación da Coruña
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o deputado de Emprego, José Ramón Rioboo, compareceron esta mañá en rolda de prensa para dar a coñecer os resultados deste segundo plan REACTIVA da
Deputación, deseñado específicamente para apoiar e impulsar a reactivación destes sectores, que están entre os máis afectados pola pandemia da Covid- 19.
González Formoso destacou que das 3.000 solicitudes rexistradas, un 85 % (2.530) xa están pagadas a día de hoxe. “Todas as axudas, incluidas as das empresas das grandes cidades, foron tramitadas directamente pola Deputación
cun tempo medio de pago de 8,2 días. Un auténtico récord para calquera administración que se debe ao gran traballo do departamento de Promoción Económica e Emprego”, afirmou o presidente, que detallou que a vindeira semana estarán pagadas o 100% das axudas.

O presidente subliñou que os plans REACTIVA da Deputación suman no último ano 25 millóns de euros en axudas directas aos sectores máis afectados pola pandemia e supoñen “unha aposta importante pola reactivación económica da provincia”.
No caso das axudas á hostalaría, alcanzarán os 4,5 millóns de euros; polo que as economías do orzamento “seguiremos dedicándoas á creación de emprego, tanto nas vilas pequenas coma nas cidades”, explicou González Formoso.
Pola súa banda, José Ramón Rioboo, destacou tamén o investimento histórico que está a facer a Deputación na área de Emprego durante o último ano. “ A pandemia fixo que nos reiventaramos para destinar preto de 25 millóns de
euros á reactivación da provincia”.
O deputado de Emprego explicou que as axudas son de 1.500 euros por negocio e que o 86% dos beneficiarios son bares e restaurantes, seguidas das empresas de hospedaxe (10%) e axencias de viaxe (3,6%) Por último, soamente 11 salas de festa e discotecas presentaron solicitude ás axudas de PEL-Reactiva II, o que supón o 0,4% do total.
No referente á distribución por concellos, e meirande parte dos solicitantes teñen o seu domicilio fiscal en A Coruña (825) , Santiago (487), Ferrol (231), Narón (88), Carballo (65), Fisterra (57) e Arteixo (56).
En canto á distribución de solicitudes por comarcas, a comarca da Coruña é a que máis solicitudes presentou, un total de 1.169 por importe de 1.753.500 euros, seguida da comarca de Santiago con 808 solicitudes por importe de 1.212.000 euros, e da de Ferrol con 526 por importe de 789.000 euros. En resumo, as 3.010 solicitudes recibidas por parte de hostaleiros e axencias de viaxe da provincia supoñen un importe solicitado de axudas de máis de 4,5 millóns de euros.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.