Rosa Quintana súmase á Andaina Solidaria de CONGALSA por segundo ano consecutivo

26 Xuño 2021

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, percorreu xunto a membros do equipo directivo do seu departamento autonómico un treito da Andaina Solidaria da empresa pobrense CONGALSA, unha iniciativa que este ano volveu ter formato virtual, por mor da situación sanitaria, dando liberdade ás persoas interesadas para participar realizando o percorrido que consideren.

A conselleira e o seu equipo realizaron o traxecto simbólico comprendido entre o Monte do Gozo, en Santiago (punto ao que se uniu o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda), e a praza do Obradoiro. Trátase do segundo ano consecutivo que a titular do Mar realiza a andaina.

A deste ano é a sexta edición desta iniciativa benéfica que busca recadar fondos para destinar ás familias máis necesitadas do Barbanza (especialmente ás máis afectadas pola pandemia).

Ao finalizar a acción, despois do 30 de xuño, a empresa alimentaria CONGALSA converterá os quilómetros percorridos por todos os participantes en euros e entregarallos a diferentes ONG locais. Até a data, máis de 660 persoas inscribíronse para realizar o percorrido social, unha cifra que xa supera á dos participantes do pasado ano.

A día de hoxe, entre todos os participantes supérase xa a cifra de 2.500 quilómetros percorridos globalmente.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.