Ribeira organiza obradoiros infantís de maxia, arte e escultura, e ciencia e cociña divertida durante este verán

30 Xuño 2021

Durante os meses de xullo e agosto a Concellería de Cultura de Ribeira vai organizar unha novidosa iniciativa consistente nos Obradoiros de Verán Cultural que van dirixidos a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 9 e
os 14 anos. A concelleira María Sampedro presentou esta nova programación, con tres modalidades: maxia, arte e escultura, e ciencia e cociña divertida.
O obradoiro de maxia correrá a cargo do Mago Romarís e desenolverase do 19 ao 30 de xullo, de luns a venres, no andar alto do Auditorio. Haberá dous grupos de entre 7 e 12 participantes: un de 10 a 11.30 horas e o outro de 12.30 a 14 horas.
O obradoiro de arte e escultura terá lugar do 2 ao 13 de agosto na planta alta do Auditorio, de luns a venres. Tamén haberá dúas quendas, de 10 a 11.45 e de 12.15 a 14 horas, sendo 6 o mínimo e 10 o máximo de asistentes por quenda.
En canto ao obradoiro de ciencia e cociña divertida, acontecerá do 16 ao 27 de agosto, de luns a venres, na planta alta do Auditorio, cun primeiro grupo de 10 a 11.45 e un segundo de 12.15 a 14 horas.
Neste caso o mínimo son 6 alumnos e o máximo 10.
Custe
Cada obradoiro ten un custe de 25 euros, habendo descontos do 20% para familias numerosas, desempregados de longa duración e familias na que os participantes ou proxenitores teñan unha discapacidade mínima do 33%.
Abrirase un prazo de presinscrición do 5 ao 12 de xullo, podéndose formalizar ben telematicamente no Portelo Dixital do Concello ou ben presencialmente no Rexistro Xeral.

Outros artigos

Avanzan as obras para a conversión do Campo da Mina a herba artificial

O Concello de Boiro está a levar a cabo as obras para a conversión a céspede artificial do Campo de Fútbol da Mina, en Lampón. Nesta semana realizouse o pavimentado da superficie de xogo para a instalación do tapiz de herba artificial. As actuacións que se están a...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.