Ribeira, Boiro e A Pobra no nivel máis baixo de restricións desde este sábado

11 Xuño 2021

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, decretou a baixa das restricións. A Pobra, que está en nivel alto, pasará a medio-baixo ao conseguir reducir considerablemente a incidencia acumulada a sete e 14 días. Boiro e Ribeira, pola súa banda, que están no medio tamén quedarán no chanzo máis baixo.

O resto dos concellos galegos sitúanse en nivel medio baixo. Non hai polo tanto, ningún concello que teña que cumprir as restricións de nivel máximo ou de nivel alto. O comité volverase reunir o vindeiro martes para analizar, de novo, a situación epidemiolóxica de cada concello. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 12 de xuño.

Con estas medidas a hostalería dos tres municipios poderá traballar o 50 % do aforo interior dos seus locais e o 75 % das terrazas onde nas mesas poderán xuntarse ata dez non conviventes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...