Rianxo achega rutas marítimas para coñecer o seu patrimonio mexilloeiro, a ruta xacobea marítima e a illa de Ons

07 Xuño 2021

Rianxo bótase ao mar este verán con tres itinerarios para coñecermos o noso litoral. En primeiro lugar o Concello informou de que haberá un roteiro marítimo á illa de Ons, con datas o 20 de xuño e o 1 de agosto, e con saída ás 10.00 horas e regreso planificado ás 19.00 horas. Os prezos serán de 23 euros para adultos e 15 para crianzas.

A segunda das experiencias marítimas será unha ruta xacobea para coñecer a comarca do Barbanza dende o mar, con saída o 25 de xullo, ás 10.00 da mañá. O prezo será de 30 euros para adultos e de 20 para nenos.

Polo que se refire á terceira proposta, a Ruta do Mexillón (O Ouro de Rianxo), está prevista en dúas quendas, o 7 e o 15 agosto, con dúas saídas por día. Os horarios serán os seguintes: pola mañá de 10.30 a 13.30 horas e pola tarde de 16.30 a 19.30 horas. O prezo será de 30 euros para adultos e de 20 para nenos.

As prazas serán limitadas, segundo confirmou o Concello (colaborador desta iniciativa), que fai fincapé na necesidade, para as persoas interesadas, de facer as súas reservas canto antes. O horario de atención telefónica será de 9.00 a 14.00 horas. Poderá solicitarse información a través do teléfono 981 866 225 ou 644 719 008.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.