Regresa a Carreira pola Diversidade de Ambar en formato presencial…. e virtual

30 Xuño 2021

O Consistorio de Ribeira deu acollida este 30 de xuño á presentación dunha das grandes citas deportivas e solidarias do calendario galego para esta tempada de verán. Trátase da nova edición da Carreira pola Diversidade que organiza a Asociación Ambar, entidade con sede no Barbanza (en Ribeira e na Pobra) centrada na loita contra a exclusión dos colectivos de persoas con diversidades funcionais ou cognitivas. A carreira, que chega á súa sétima edición, poderá realizarse de xeito presencial ou de maneira virtual, segundo se fixo saber na presentación da mesma.

Os detalles da actividade foron dados a coñecer pola presidenta de Ambar, Milagros Rey; Mari Carmen González, profesional desta entidade; Abraham Benítez, voluntario e adestrador do equipo de Running de Ambar; Fernando Carvalho e Héctor Vidal, integrantes deste equipo; e o alcalde de Ribeira Manuel Ruiz.

A carreira dará comezo o 11 de xullo ás 10.00 horas saíndo da explanada de Coroso (Ribeira) e contará cun número máximo de participantes de 150 prazas das cales quedan vacantes unhas setenta nestes momentos.

Segundo informou Abraham Benítez, as saídas serán de cinco en cinco cada vinte segundos para cumprir os protocolos anti-COVID. Tamén explicou que “a diferenza de anteriores convocatorias”, a actividade non virá acompañada dun chamamento que favoreza a presenza de espectadores, nin tampouco está previsto “un acto público de entrega de trofeos”.

En canto a andaina virtual, o obxectivo é “alcanzar un maior número de persoas e promover a participación e convivencia cos valores de Ambar”, engadiu.

As persoas que se inscriban poderán subir ás redes sociais unha fotografía ou vídeo realizando a Andaina entre o 9 e o 11 de xuño e etiquetar a Asociación Ambar. Poden escoller ruta, quilómetros e equipo propio.

Inscricións

As inscricións tanto da Andaina como da carreira poden facerse ata o 8 de xullo á medianoite en cronotec.es, onde tamén se pode optar por colaborar co Dorsal 0 e aboar unha cota solidaria se non se pode asistir. A cota de inscrición é de 6 euros e a recadación será destinada á adquisición de material para a prevención do contaxio por COVID para as persoas con diversidade intelectual.

Milagros Rey subliñou a importancia de dar visibilidade ao traballo pola inclusión na sociedade das persoas con diversidade funcional, en tanto que Manuel Ruiz resaltou que animou á cidadanía a que se involucre física ou virtualmente na iniciativa e expresou a súa confianza en que sexa todo un éxito.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.