Preto de 40 centros de ensino da nosa comarca vanse beneficiar das axudas ao fomento do galego

10 Xuño 2021

O Diario Oficial de Galicia (DOG) e o Portal da Lingua Galicia (Secretaría Xeral de Política Lingüística) veñen de publicar a resolución de axudas aos proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2020/21. Estas axudas foron convocadas o pasado mes de decembro e delas foron beneficiarios máis de 800 centros públicos, preto de 40 pertencentes aos nosos concellos.

instituto de soutomaior

En total, a Consellería de Cultura e Educación destina 350.000 euros a favorecer e contribuír ao financiamento das actividades que realizan os equipos de dinamización da lingua galega e o profesorado responsable de cada proxecto de fomento do galego durante este curso académico. Beneficiáronse 815 centros educativos que contan con menos de seis unidades nas provincias da Coruña (328 centros), Lugo (103 centros), Ourense (73 centros) e Pontevedra (311 centros).

Ou sexa, por Boiro, o CEIP Cespón, o CEIP de Escarabote, o CEIP de Abanqueiro, o CEIP Praia Xardín, o CEP Santa Baia, o CEIP Santa María do Castro, o IES A Cachada, o IES Espiñeira e o IES Praia de Barrraña.

Por Dodro, o CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón e o CRA de Dodro.

Por Lousame, o CPI Cernadas de Castro.

Por Noia, o CEIP Felipe de Castro, o CEIP Alexandre Rodríguez Cadarso, o IES Campo de San Aberto e o IES Virxe do Mar.

Por Outes o CEIP Plurilingüe de Outes e o IES Poeta Añón.

Por A Pobra do Caramiñal, o CEP Pilar Maestú Sierra, o CEP Salustiano Rey Eiras, o EEI Fernández Varela e o IES da Pobra do do Caramiñal.

Por Porto do Son, o CEIP de Campanario, o CEIP de Portosín, o CEIP Plurilingüe de Sobrado-Nebra e o IES de Porto do Son.

Por Rianxo, o CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelo, o CEIP Ana María Diéguez e o CRA de Rianxo.

Por Ribeira, o CEIP de Olveira, o CEIP Heroínas de Sálvora (Aguiño), o CEIP Plurilingüe de Artes, o CEIP Plurilingüe de Frións, o CEIP Plurilingüe de Palmeira, o CEIP Plurilingüe O Grupo, o CIFP de Coroso, o EEI Capela-Carreira e o IES Leliadoura e o IES Nº 1.

Polo que atinxe aos centros privados, inclúense na listaxe o CPR María Assumpta Fundación Educativa Jesuitinas de Noia.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.