Na Pobra posta de longo do poemario de Andy da Fonte no Elma

26 Xuño 2021

O teatro cine Elma foi escenario na tarde deste 25 de xuño da presentación do libro Memorias dunha estrela sen luz,
de Andy da Fonte, onde se mestura a luz e a escuridade, tal e como expuxo a propia autora, que asegurou “que son os protagonistas principais”, ademais da forte presenza que ten o elemento da auga, o cal se constata xa na propia
portada da obra. Unha peza onde as tres dedicatorias (todas elas a unha das avoas da poeta) estruturan o texto onde conflúen moitas liñas narrativas. E así llo amosou ao público asistente coa lectura dalgunhas das súas composicións.
No acto tamén interviñeron a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG- PSOE), quen destacou a relevancia da cultura e tamén tivo palabras de recoñecemento para a A. C. Barbantia, que se atopaba representada sobre as
táboas da man do seu presidente, Manuel Cartea, e dun dos seus membros, Jesús Laíño. Ambos expuxeron o peso da poesía na literatura e na sociedade, ademais de poñer de manifesto o “conxunto de poetas extraordinarios que temos
no Barbanza.”
O acto tamén contou con varias intervencións musicais a cargo de Mallou, conformado por Sabela King e Benjamín Vázquez.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...