Portosín larga amarras ao Campionato de España ILCA Máster 6 e 7 con 70 rexistrados na grella de saída

03 Xuño 2021

Portosín ponlle o acento galego ao Campionato de España ILCA Máster desde hoxe xoves ata o vindeiro domingo
6 de xuño, coa participación de 70 regatistas chegados desde todos os recunchos de España que, durante tres xornadas non só buscarán o título nacional, senón tamén o seu pase ao mundial da clase, ao ser a regata
sonense clasificatoria para o intercontinental.
Coas intervencións do Alcalde do Son, Luís Oujo, e a do presidente do Real de Portosín, Jorge Arán, o campionato longa amarras a unha gran cita velística coa meteoroloxía favorable e en bonanza progresiva durante os próximos días.
A nota musical á posta de longo puxérona Vos Salgueiriños de Noia, agrupación de banda de gaitas que amenizaron a xornada inaugural coa interpretación de pezas clásicas da tradición galega.
O Top de saída está programado para as 12 do mediodía, coa intención de celebra entre dúas e tres mangas diarias. Un só campo de regatas, coas saídas diferenciadas por categoría, do mesmo xeito que as chegadas que se rexistrarán cun dispositivo especial de Xuíces nunha embarcación destinada exclusivamente á misión, debido ao volume de participantes.

A gran cita velística reunirá en augas da Ría de Muros e Noia a un excepcional elenco de regatistas, nunha modalidade na que militan verdadeiras estrelas do deporte da #ver como campións nacionais, mundialistas e medallas olímpicas.

O Campionato de España ILCA de Láser Máster está patrocinado polo Excmo. Concello de Porto do Son e Turismo de Galicia, a través do Plan Xacobeo 21-22, baixo a organización do Real Club Náutico Portosín, contando con colaboración da Real Federación Galega de Vela, a Confraría de Pescadores de San Andrés de Portosín, Gadis, Conservas Sotavento, Patacas Bonilla e a Adega Paco e Lola.

Javier Echavarri (derecha) co medido Miguel Cons

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.