Os socialistas de Noia solicitan a instalación de puntos de recarga de vehículos eléctricos

22 Xuño 2021

O Grupo Municipal Socialista de Noia rexistrou para o seu debate no pleno ordinario do xoves unha moción para a instalación de puntos de recarga de vehículos eléctricos. Os socialistas consideran que a protección do medio ambiente en xeral, e particularmente a redución da utilización de combustíbeis fósiles, “debe ser unha das prioridades das administracións públicas”, poñendo “en funcionamento as medidas axeitadas para reducir o uso de maneira directa de vehículos contaminantes, e fomentando a súa renovación por outros máis limpos”.

Power supply connect to electric vehicle for charge to the battery. Charging technology industry transport which are the futuristic of the Automobile. EV fuel Plug in hybrid car.

O PSdG-PSOE indica que “unha das dificultades que están a ter as persoas usuarias de vehículos eléctricos en Galicia son os poucos puntos de recarga que hai ao longo da nosa xeografía, impedindo unha mobilidade máis libre e converténdose nun verdadeiro freo para as persoas que están pensando en adquirir este tipo de vehículos”.

O voceiro Roberto Iglesias, incide en que “a instalación de puntos de recarga, ademais de ofrecer un servizo á cidadanía de Noia, pode axudar a atraer visitantes”. Deste xeito, indica, “Noia aparecería no mapa de puntos de recarga nacional, e os visitantes mentres deixan o seu vehículo no punto correspondente poden facer uso do noso comercio ou hostalería, situándonos en vantaxe respecto a outras localidades veciñas”

Así mesmo “para facer da vila de Noia unha vila comprometida coa redución da contaminación”, os socialistas propoñen na moción presentada medidas para para fomentar o uso da bicicleta ao realizar desprazamentos curtos como ir a traballar, recados ou simplemente facer deporte, como por exemplo “a instalación dalgún punto de reparación de bicicletas na vía pública, para axudar aos usuarios que utilizan este medio de transporte e poidan sufrir unha avaría”.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.