Os Milindros e Paco Nogueiras actúan este sábado 19 nas Festas de Verán de Artes

19 Xuño 2021

Este 19 de xuño colle impulso o panorama festivo estival na nosa comarca, coa celebración dunha das primeiras festividades parroquiais do calendario: as Festas do Verán de Artes, en Ribeira.

O programa deste sábado, un programa con todas as medidas anti-COVID necesarias, desenvolverase no exterior do Centro Recreativo de Artes.

Comezará ás 13 horas, coa actuación de Os Milindros.

O músico Paco Nogueiras estará este sábado 19 no Centro Recreativo de Artes

Pola tarde as celebracións proseguirán ás 20.30 horas, cunha actuación do home orquestra Paco Nogueiras, que presentará os seus novos espectáculos musicais infantís Brinca Vai! e Extra extra!, moi axeitados para a rapazada de todas as idades.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...