O verán pobrense contará con viaxes en veleiro pola ría da Arousa

23 Xuño 2021

A Pobra engade outra actividade relativa ao turismo náutico á súa programación para o verán deste 2021.
Ofréceselles así, un ano máis, a veciñanza e visitantes a oportunidade de navega-la ría da Arousa a bordo do Mascato. Unha serie de viaxes en veleiro impulsadas pola Concellaría do Turismo da Pobra do Caramiñal que presentan
unha maneira alternativa de coñece-lo patrimonio medioambiental, marítimo e paisaxístico costeiro. Así o desvelaron a concelleira do Turismo, Charo Varela (Nós Pobra); a técnica municipal desta área, Ángeles Tubío; e Fernando
Redondo, en representación da empresa Arousa Náutica.
A edil destacou que se aposta por unha oferta turística “de calidade” e fixo referencia a que, cos datos de anos anteriores, esta proposta “ten moita aceptación.” Doutra banda, Fernando Redondo animou á xente a que
experimente a sensación da navegación a vela.
As excursións terán lugar nos sábados e domingos dos próximos dous meses: os días 17, 18, 24, 25 e 31 de xullo; e 1, 7, 8, 14, 15, 21 e 22 de agosto. A duración do traxecto é de hora e media e as saídas establécense en quendas de
mañá e de tarde: ás 11.00, 13.00, 17.00 e 19.00 horas. O prezo estipúlase en 15 euros para as persoas adultas e 10 euros para nenos e nenas menores de 12 anos, ofrecendo un desconto para as familias. Cómpre indicar que as travesías transcorrerán seguindo as medidas implantadas por mor da COVID-19.
A cabida máxima do veleiro é de 10 persoas, razón pola cal é preciso formaliza- la reserva e compra previa do tícket no punto de información turística -situado na Casa Mariñeira-, no enderezo electrónico turismo@apobra.gal ou nos teléfonos de contacto 671090262 e 687482835. Tamén hai a disposición a páxina web www.apobra.gal/turismo para máis información.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...