O venres 18 preséntase en Rianxo Romanza de los naranjos en Flor, de Juan Galán

10 Xuño 2021

Proseguen os eventos literarios na nosa comarca. O vindeiro 18 de xuño, sen ir máis lonxe, presentarase en Rianxo a novela Romanza de los naranjos en Flor, de Juan Galán. O acto, que se enmarca no programa Xuño Cultural 2021, terá lugar na Sala Arcos Moldes do Auditorio, ás 20:30 horas. Nesta ocasión estarán presentes Carlos de Jesús Cimadevila, profesor e activista sociocultural, e Adolfo Muíños Sánchez, alcalde de Rianxo.

Romanza de los naranjos en flor ten lugar durante a Guerra Civil Española. A obra é unha combinación dunha novela histórica e unha novela de intriga. Por iso, conta cunha estrutura complexa, con varias voces narrativas, chimpos no tempo adiante e atrás, e inclúe, ademais da narración e os diálogos, entradas nun caderno como diario, cartas, reportaxes e noticias xornalísticas.

A novela narra a a historia de dous personaxes, Alfonso Castro Weiss, falanxista coruñés, avogado e fillo dun republicano nado en Ferrol, e Miguel Artimes Llana, violinista de Oviedo afiliado ao C.N.T. Ambas vidas transcorren en paralelo, sen que exista ningunha ligazón entre elas, ata que, nun momento determinado da trama, acaban xuntándose no campo de concentración do mosteiro de Oia (Pontevedra). Dita obra sufriu a sublevación militar do 36, a guerra e a represión. Así, describe a dureza das condicións do cárcere, aínda que tamén hai espazo para o amor, a música, a solidariedade, o humor e a amizade entre persoas de bandos opostos.

As localidades poderanse reservar ata o día anterior da representación na páxina web do Concello ou a través do número de teléfono 981100688. Os solicitantes deberán proporcionar o nome completo e o seu teléfono de contacto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.