O Son conmemorou con diversos actos o Día Mundial do Medio Ambiente

07 Xuño 2021

O Concello de Porto do Son conmemorou con diversos actos o Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebrou este 5 de xuño. A primeira das accións que se realizou foi a plantación simbólica dunha árbore, concretamente dun castiñeiro. No acto participou o alumnado do CEIP Campanario, co fin de concienciar e facer entender a importancia de coidar o medio ambiente, ademais de mitigar o impacto do cambio climático.

Doutra banda, este domingo desenvolveuse a andaina Xtosín, da que falamos esta mañá en O Barbanza, que veu acompañada dunha recollida voluntaria de desperdicios que se encontraban polos camiños. O recorrido foi de 14,8 quilómetros, de dificultade alta e partiu da praza do Curro de Portosín.

“A través de pequenas accións como esta”, informou o Concello, “preténdese incentivar e promover na poboación o respecto polo medio ambiente, favorecendo así un estilo de vida saudábel e respectuoso coa gran riqueza natural coa que conta o municipio.

Outros artigos

O 20 de xuño celébrase a II Andaina Nocturna de Nebra

Volve a Andaina Nocturna de Nebra, logo de éxito de participación do ano pasado, e faino cunha segunda edición programada para o sábado 20 de xuño a partir das 22.00 horas (recepción) na Casa Veciñal de Nebra (campo da festa) e cun prezo de oito euros de inscrición....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...