O SEA autorizará dúas novas operacións no Polígono Industrial de Rianxo

29 Xuño 2021

A xerente de Solo Empresarial do Atlántico (SEA), Beatriz Sestayo e o director xeral do SEPES, Lucrecio Fernández, xunto co director de Relacións Institucionais de SEPES, Francisco García Palmero, fixeron unha visita ao concello de Rianxo para expoñer os últimos avances logrados no Polígono Industrial, que triplicou a súa ocupación en dous anos.

A visita serviu para que se autorizaran dúas novas operación para o polígono no consello de administración de SEA deste martes. A reunión tivo lugar na Casa Consistorial, onde o alcalde do municipio, Adolfo Muíños, e a tenente de alcalde, Carmen Figueira, foron informados sobre as novas operación previstas por parte de SEA, empresa que xestiona 13 parques empresariais, entre eles o de Rianxo.

Estas dúas operación afectan a dúas parcelas que suman un total de 7.032 metros cadrados, por un importe global de 405.043,3 euros e que serán autorizadas no consello de administración este martes. Así, Lucrecio Fernández destacou “o impulso que se está realizando desde SEA para facilitar a instalación de empresas nos distintos parques empresariais, co obxectivo de xerar empleo na comarca do Barbanza”. Deste xeito, o Polígono de Rianxo ten ocupadas 35 das 50 parcelas dispoñíbeis na actualidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...