O PSOE de Ribeira pide arranxar o pavimentado do parque das Abesadas

09 Xuño 2021

O grupo socialista de Ribeira presenta ao pleno da Corporación un rogo relativo ao Parque Infantil das Abesadas, que, segundo lembra a agrupación, foi obxectivo duns traballos recentes para pavimentar a explanada da área de lecer cunha superficie de material ecolóxico.

Este pavimento ou capa de remate, explican os socialistas, presenta hoxe en día “uns sucos transversais que dificultan a accesibilidade e están a provocar caídas de distinta consideración, no tránsito das persoas polo terreo”. Este problema veu agravado polas escorrentías das augas da chuvia, sinalan.

Segundo engaden, “debido a que nas proximidades está operativo o colexio e un supermercado son moitos os rapaces e persoas maiores que frecuentan dito espacio de ocio”, polo que resulta de maior importancia aínda “que o Concello vele polo seu mantemento”. En base a todo isto, a agrupación pide o seguinte: que por parte de quen corresponda, delegación de obras e urbanismo ou alcaldía, fáganse as xestións oportunas para rehabilitar o firme do Parque Infantil de Abesadas para evitar danos e lesións dos usuarios.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.