“O porto de Malpica reanudará en decembro a actividade dos camións de gran tonelaxe”. Antón Luaces

Draga ou gabarra que comezou a súa actividade no porto de Malpica, hoxe, de cara a acadar que, como moi tarde en decembro próximo, poida reanudarse o tráfico pesado polas instalaciòns portuarias. Foto Luaces

Algo máis dun ano despois de que se suspendera o tránsito de veículos de gran porte polos viais do porto de Malpica, dáse por feito que no vindeiro mes de decembro (posiblemente antes) os camións de gran tonelaxe volvan circular polas instalacións portuarias  sen ningún tipo de atrancos. Hoxe, martes, unha gabarra comezou os labores de reforzamento ou apuntalamento da coñecida como ponte da dársena.

O patrón maior da confraría de pescadores local, Pedro Pérez, confirmou esta mesma tarde a este xornal, que os traballos inciados hoxe no porto malpicán van permitir reforzar a ponte da dársena de tal xeito que, como moi tarde a mediados de xullo, ese reforzamento permita xa a circuloación de veículos con carga de entre 30.000 e 40.000 quilos no seu primeiro treito e, doutra tanta carga no segundo cara ao mes de decembro, probablemente antes.De se cumprir estas previsións -e non hai de momento nada que contradiga o sinalado- Malpica poderá acadar ese desafogo circulatorio no corazón da vila onde están enclavados o porto e a lonxa local. A ponte da dársena acolle a cotío o paso de moitos veículos de pequeno porte -turismos e furgonetas, maioritariamente- pero tamén bó número de camións de diversa tonelaxe  que, de non contar co desafogo que significan as instalacións portuarias verían sumamente mermadas as súas capacidades operativas.Nunha recente visita a este tinglado portuario, o director de Portos de Galicia e a xefa da zona centro deste entidade, Roi Fernández e Lorena Solana, respectivamente, xa falaran da necesidade de acometer o apuntalamento dunha parte da dársena para, deste xeito, permitir a reanudación do tránsito pola zona portuaria de camións de grandes dimensións que, ata o de agora, teñen proibida a circulación por aquí.Concello e confraría de pescadores de Malpica tamén teñen determinado o compromiso de proceder ao deseño conxunto dun plan de circulación do tráfico rodado nesta zona de grande importancia para a vida local e, especialmente, para o sector marìtimo-pesqueiro.Precísamente este sector evidencia a súa disconformidade co enorme retraso que experimentan as anunciadas obras de reforma do portón de acceso á dársena da aproximadamente  vintena -dos 45 barcos de baixura que teñen base en Malpica- que se refuxian decote -como o facía a embarcación “A Silvosa”, cuxo patrón e armador, Ángel Láuzara, de 49 anos, faleceu cando manobraban para sairen ao mar vai tres anos-  que, tanto para entrar como para sair do devandito porto refuxio, han poñer en práctica toda a sabedencia dos patróns e a sorte de poder librar das enormes correntes que se xeran na bocana da dársena cando se acciona o portalón da mesma.Polo de agora non hai máis que promesas de solución. Pero a verdadeira no chega a facerse realidade por máis que a familia de Angel Láuzara a demande para evitar que se repitan as circunstancias que provocaron a morte do xove patrón.