O Polideportivo de Palmeira acolle os Campionatos Galegos de Combate Cadete e Sub 21

Uns 250 deportistas mediranse esta fin de semana no Pavillón Polideportivo de Palmeira Alcalde Torres Colomer nos Campionatos Galegos de Combate Cadete e Sub 21. Esta competición será clasificatoria para os certames nacionais que se disputarán no mes de xuño.

A cita, debido á COVID-19, celebrase a porta pecha e comezará o sábado 5 de xuño coa participación de 150 deportistas a partir das 9 horas cos cadetes masculinos e ás 16 horas a feminina. Os Sub 21 daranse cita o domingo 6, comezando a categoría feminina dende as 9 horas e finalizando a masculina de 09:30 a 13:30 horas. O venres desenvolverase a pesaxe e os test serolóxicos dos participantes.

O seleccionador galego e adestrador do Natural Sport, Pablo Carou, informou de que este será o primeiro evento en Galicia para estas categorías dende o comezo da pandemia, destacando a importancia de seguir motivando aos rapaces nesta franxa de idade.