O PBBI pide que se adíen as obras do Alto do Rial para non facelas coincidir co horario escolar

09 Xuño 2021

O Partido de Barbanza Independente (PBBI) que coordina Vicente Mariño dende Ribeira, emitiu un comunicado sobre os traballos que está a realizar a Concello para mellorar o viario do centro histórico de Castiñeiras, tarefas que consisten en parte en arranxar os problemas de seguridade e mobilidade que viña achegando o levantamento das lousas de pedra que acompañaron, no seu día, a humanización e posta en valor desta zona. O PBBI pon o foco no pavimentado do Alto do Rial, que é onde se están a centrar os traballos na actualidade.

“Esperamos que estas obras sexan a solución definitiva ante a enésima vez que se realizan cambios no pavimento, co consecuente gasto público que supón”, explican, engadindo que a periodicidade elixida para o desenvolvemento dos traballos non foi, ao seu parecer, a máis indicada, “pois non son poucos os veciños e familiares de alumnos que lles ocasiona un grave problema de circulación ao xa por se habitual”. Neste senso, o PBBI di estar recollendo “o malestar dos veciños”, polo que solicita ao Concello “o adiamento das obras para dúas semanas máis adiante e co fin de non facelas coincidir con horario escolar”.

O PBBI critica a previsión na realización destas obras “antes da finalización do presente curso académico”, e, “como ben sabe o Goberno municipal desde que se implantaron as medidas de prevención do COVID esas rúas son de maior tránsito circulatorio”. A agrupación lembra que xa solicitou vía moción que “se estude a adquisición dunha leira lindeira co colexio e a igrexa co fin de abrir unha rúa que facilite o tránsito na parroquia de Castiñeiras, ademais de facilitar aparcadoiro e lugar para celebración de festas patronais”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.