O Museo do Gravado de Artes acollerá No Ronsel do Camiño. Gravado Contemporáneo para o Xacobeo 21-22

13 Xuño 2021

A Fundación do Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital, acollerá desde o 18 de xuño e ata o 18 de agosto, a mostra “No Ronsel do Camiño Gravado Contemporáneo para o Xacobeo 21-22. A exposición que ocupara as salsa 1 e 2 acollerá obras de Manuel Facal, Miguel Ángel Lombardía e Mariano De Souza.

Dende o século XI, cando menos, a inventio do sepulcro de Santiago o Maior e xa de xeito máis nidio, dende
a instauración do Ano Santo Xacobeo por Calixto II, papa dende 1119 a 1124, o Camiño das Peregrinaxes e a figura
de Santiago estiveron presentes en todas as artes ata hoxe: música e arquitectura, escultura e pintura, literatura e cinema, e, como non, no gravado dende o século XV, que coa imprenta contribúe á divulgación de
Galicia, do seu patrón e do seu Camiño.


Poñendo só un exemplo eximio: sen Camiño Xacobeo non habería Pórtico da Gloria, a gran alfaia da arte galega.
Hai noticias , xa dende o século IX, de peregrinos a Compostela e é xa seguro no século X polo bispo de Le Puy que
viaxa ao sepulcro de Santiago. O Camiño será para Galicia o xeito de unir a súa identidade á universalidade. E así
será na arte con nomes tan importantes como O Greco, ou Frei Luís de León, Otero Pedrayo e García Lorca, Juan
de Flandes ou Dalí, a peregrinaxe en Compostela está presente nas nosas cantigas medievais, mais tamén no
Cantar do Cid.
O gravado, a arte máis popular nos fins da Idade Media e ata o século XX, non podía ser alleo á importancia
cultural, artística e relixiosa do Camiño de Santiago. Neste ano 2021 o Museo do Gravado de Artes (Ribeira) quere
sumarse aos actos xacobeos coa exposición No ronsel do Camiño.
Gravado contemporáneo, expoñendo a obra de tres artitas: o asturiano Miguel Ángel Lombardía e os galegos Manuel
Facal e Mariano De Souza.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.