O Festival Atlántica encherá 27 localidades galegas de narracións orais, incluídas Ribeira, A Pobra e Outes

15 Xuño 2021

O festival de narración oral Atlántica programará este verán máis de 80 funcións en 27 localidades galegas para achegar a narración oral a todos os públicos, que este ano celebraranse en lugares ao aire libre e de especial interese patrimonial, co apoio da Xunta. O certame foi dado a coñecer nos seus detalles este 15 de xuño, nun acto cos medios que contou coa presenza de Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura, Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Manuel González, alcalde de Outes, ou Xosé Lois Piñeiro, alcalde da Pobra. O festival, que se fortalece este ano na Rede (a través da páxina web de seu e as redes sociais), fará recaladas en concellos como Ribeira, Outes ou A Pobra. Participan, no programa, escritores e artistas da nosa comarca como Quico Cadaval ou Manuel Gago.

Á presentación, na Cidade da Cultura, tamén acudiron Manuel Campos, alcalde de Cuntis; María José Sampedro, primeira tenente de alcalde e concelleira delegada de Cultura, Infraestruturas e Urbanismo de Santiago de Compostela; Antonio Golpe, concelleiro delegado da Área de Cultura de Ferrol; Mayte Argibay, concelleira de Cultura de Teo; Begoña Blanco, concelleira de Cultura de Lalín; Alberto Álvarez, técnico de Cultura do Concello de Brión; Paz Lago, concelleira de Cultura e Educación de Sanxenxo; Jesús Torres, director da Biblioteca Pública Ánxel Casal; e Soledad Felloza, directora do Festival Atlántica. Ademais, tamén fixeron acto de presenza na rolda de prensa numerosos representantes de asociacións e colectivos colaboradores do festival.

O festival presentado contará cun total de 34 narradores nacionais e internacionais de distintos lugares do mundo como Guinea, Portugal, Brasil ou distintos puntos de España. Nesta novena edición farase unha mención especial ao Camiño de Santiago como vehículo transmisor de historias. En total están previstas unas 80 funcións que se desenvolverán nas cidades, así como concellos como Pazos de Borbén, Teo, Lalín, Mondoñedo, Ribeira, Brión, Outes, A Estrada, Cuntis, Folgoso do Courel, Chantada, A Pobra do Caramiñal, Sarria, Palas de Rei, Arzúa, Oia, Arcade ou Castro de Rei. Escolleranse lugares de especial interese patrimonial ou natural como o Castro de Castrolandín, os Castelos de Castro Douro e da Frouseira ou a Colexiata do Sar, onde está prevista unha actuación conxunta ao redor do Camiño de Santiago, entre outras localizacións.

A iniciativa incluirá a participación de narradores como Thomas Bakk, Marcelo Ndong, Sofia Maul, Valter Peres, Eugenia Manzanera, José Luis Gutiérrez ‘Guti’, Leticia Ruifernández, Pep Bruno, Anxo Moure, Atenea García, Avelino González, Brais das Hortas, Cándido Pazó, Celso F. Sanmartín, Charo Pita, Cris de Caldas, Fátima Fernández, Fran Campos, Larraitz Urruzola, Lorena Pinheiro. Ademais, contarase coa participación de Luis Prego, Manuel Gago, Marga Alborés, Marta Ortiz, Pakolas (Paco Cerdeira), Paula Carballeira, Pavís Pavós, Quico Cadaval, Ramiro Neira, Raquel Queizás, Santi Prego, Soledad Felloza, Vero Rilo e Xurxo Souto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...