O día 7 abre en Lousame o prazo de inscricións para o programa de conciliación estival

03 Xuño 2021

O Concello de Lousame manterá aberto dende o luns 7 de xuño ata o 10 do mesmo mes o prazo de inscrición no programa Lousame Concilia. Ludoteca de Verán 2021, unha iniciativa para facilitar o día a día das familias en tempo de vacacións que está programada para os meses de xullo e agosto.

Participantes da actividade de conciliación realizada en Lousame esta Semana Santa

A Ludoteca de Verán está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos de idade, que desfrutarán de actividades lúdicas, participativas e creativas nas instalacións do CPI Cernadas de Castro, en horario de 9:30 a 14:30 horas. As inscricións deben realizarse no Rexistro Municipal e o número de prazas vaise adaptar aos límites establecidos na normativa vixente fronte á COVID-19.

A concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, explica que “dende o Concello de Lousame somos conscientes da necesidade de seguir mantendo as iniciativas de conciliación da vida familiar e laboral, polo que tendo en conta todas as medidas de seguridade da COVID-19, un ano máis presentamos este programa. Ao longo do tempo, a iniciativa veuse consolidando a través dunha ampla demanda por parte das familias”.

Os prezos non varían con respecto a anos anteriores. No caso das familias que opten pola inscrición para todo o verán, o prezo será de 15 euros/mes. Para anotarse só terán que descargar e cumprimentar a solicitude correspondente, que poden recoller nos Servizos Sociais de Lousame ou descargar na web municipal. Ademais de presentar a última nómina ou recibo de autónomos (para acreditar a situación laboral e ingresos) e a certificación bancaria orixinal do número de conta (no caso de menores que este curso non asistiran a ningún servizo do Lousame Concilia), tamén será necesario presentar declaración xurada de residencia efectiva e acreditábel en Lousame e certificado de monoparentalidade emitido pola Xunta de Galicia, de ser o caso.

No caso das familias interesadas en que o seu fillo ou filla participe en días soltos, só terán que chamar ao teléfono 616 345 812, sempre e cando haxa prazas libres. Neste caso, o prezo é de 2,5 euros por día. Máis información nos Servizos Sociais de Lousame ou nos teléfonos 981 820 494 e 689 126 385.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...