O Concello de Porto do Son presentou a nova imaxe da área municipal de Medio Ambiente

12 Xuño 2021

O Concello de Porto do Son presentou a nova imaxe da área municipal de Medio Ambiente. Esta inclúe un símbolo co que representa a súa aposta pola economía circular e a sustentabilidade para a loita contra o cambio climático xunto ao lema Infinitamente natural.

O alcalde, Luis Oujo, compartiu o programa de actividades a prol da concienciación cidadá en materia de conservación e protección da paisaxe no que está a traballar a Corporación municipal. De feito, a presentación contou coa participación do director do Instituto de Estudos do Territorio, Francisco Barea e o responsable da empresa executora do proxecto, Pedro Tasende.

Así “os grandes tesouros de Porto do Son quedan presentes neste símbolo, no que o Castro de Baroña rodea o nome do municipio, protexendo un corazón infinitamente natural, no que mar e natureza forman un bucle en movemento circular”, afirmou Tasende. O director do Instituto de Estudos do Territorio sinalou, ademais, que “o compromiso do Concello coa sostibilidade a través, por exemplo, da economía circular, é infinito”.

Doutra banda, Luis Oujo explicou que “esta imaxe que se presenta será visible en todas as actividades que se desenvolverán durante os próximos meses para facer fincapé na necesidade de coidar e protexer o medio ambiente na nosa vida diaria”. Na mesma liña, o alcalde presentou un programa para os próximos meses con actividades como “andainas comprometidas co medio ambiente”, nas que os participantes poderán recoller residuos ao tempo que fan exercicio; xornadas de reparto de material para contribuír a manter limpas as praias; actividades coa mocidade nos centros de ensino; campañas de concienciación cidadá en materia de sostibilidade e loita contra o cambio climático; e mesmo difusión de boas prácticas como as que levan ao Concello a ostentar o distintivo Bandeira Verde de Galicia de xeito pioneiro na comunidade.

Outros artigos

O 20 de xuño celébrase a II Andaina Nocturna de Nebra

Volve a Andaina Nocturna de Nebra, logo de éxito de participación do ano pasado, e faino cunha segunda edición programada para o sábado 20 de xuño a partir das 22.00 horas (recepción) na Casa Veciñal de Nebra (campo da festa) e cun prezo de oito euros de inscrición....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...