O Concello de Dodro, ADEGA e Proxecto Ríos convidano a unha xornada activa sobre invertebrados

O Concello de Dodro, a través da área de Cultura, Patrimonio, Turismo e Medio Ambiente, achega este sábado 19 de xuño unha actividade de Observación de Invertebrados. Ao abeiro deste obradoiro activo e participativo de divulgación, abeirado á campaña #DodroSOStible, comprobarase a calidade da auga fluvial a través de bioindicadores. Farase en colaboración coa comunidade de ADEGA e o Proxecto Ríos.

Será o sábado 19 de xuño ás 10:15 no Multiusos da Paxareira e no Rego de Vigo,

Para inscricións chamar á Casa da Cultura ao 981 802 472 ate o 17 de xuño. Os menores de 12 anos poderán ir acompañados.