O Colexio de Artes e o Concello de Ribeira impulsan unha campaña de sensibilización a prol dos ecosistemas mariños

18 Xuño 2021

Alumnado de sexto de Primaria do Colexio de Artes vén de desenvolver como actividade lectiva unha campaña ambiental destinada a loitar contra un dos grandes desafíos do noso tempo: o lixo no mar. A campaña O ecosistema mariño precisa da túa axuda, materializada en colaboración co Concello de Ribeira, inclúe unha serie de accións de sensibilización nas praias.

Así, os rapaces e rapazas (unha ducia en total) confeccionaron catro carteis nos que se convida a quen os lea a non deixar residuos nos areais e a recoller os refugallos que se observen. O primeiro deles acaba de ser colocado na praia de Coroso (cos nenos e nenas estivo a concelleira de Educación Juana Brión) en tanto que os outros tres irán destinados á Ladeira, O Vilar e A Corna.

Tamén está prevista a colocación en Coroso dun recolector de residuos plásticos en forma de nasa dentro desta iniciativa promovida polo colexio de Artes.

Outros artigos

Nace o Club de Produto Enogastronómico Barbanza Arousa

A Mancomunidade Barbanza Arousa (formada por A Pobra, Rianxo, Ribeira e Boiro) botou a andar esta tempada o seu Club de Produto Enogastronómico, unha ferramenta de cooperación público-privada que nace co fin de contribuír á consolidación de Barbanza Arousa como...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.