O BNG recolle en Ribeira e Boiro centos de sinaturas contra a suba da luz

28 Xuño 2021

Os nacionalistas recolleron centos de sinaturas contra a suba de luz tanto en Ribeira como en Boiro. Ante o éxito de participación na recollida de apoios, o BNG ribeirense volverá facer recollida o vindeiro sábado 3 de xullo.

Segundo o concelleiro, Luís Pérez Barral, a baixada temporal do IVE “é só un parche, pola contra feito baixar o custe da luz é o maior incentivo fiscal para instalar empresas e beneficiar aos galegos e galegas” argumentou.

Barral cre que debe haber intervención pública da enerxía, tarifa eléctrica galega, rebaixar o IVE ao 4% permanentemente e garantir o subministro ás familias con falta de recursos.

O BNG volverá poñer mesa de recollida de ainaturas contra a suba no prezo da luz, o sábado 3 de xullo no Malecón de Ribeira para garantir que a electricidade ten un prezo xusto.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...