O BNG fará unha recollida de sinaturas en Ribeira contra a subida de luz

24 Xuño 2021

O BNG ribeirense vén de anunciar a posta en marcha dunha recollida de sinaturas contra a subida da luz o vindeiro sábado 26 de xuño na avenida do Malecón. Esta iniciativa nace debido ás graves consecuencias que pode ocasionar sobre as familiar e sobre as pequenas e medianas empresas en plena crise da COVID-19.

Desde a formación nacionalista apuntan a que rebaixar a factura da luz é o maior incentivo fiscal que se pode ter para que se instalen empresas e se creen oportunidades en Galicia. “A subida da luz no caso concreto de Galicia é escandalosa, mesmo diría que unha aberración, porque somos grandes produtores de electricidade pero non temos ningún beneficio desa riqueza”, denunciou Pérez Barral.

Con esta campaña de recollida de sinaturas, o BNG reclama un prezo da luz máis baixo para todo os galegos e galegas, xa que é “unha cuestión clave”, argumentou o edil nacionalista. Para facer fronte a esta proposta, o BNG defende a intervención pública no sector enerxético e pon sobre a mesa medidas concretas e realizables se hai vontade política. A redución do IVE da luz ao 4% fronte ao 21%, unha tarifa eléctrica e por último a creación dunha empresa pública galega de enerxía son tres das claves para facer posible esta proposta, apuntan dende a sede nacionalista.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.