O BNG de Ribeira, crítico coa situación de abandono na que se encontra o parque de mascotas

04 Xuño 2021

O BNG de Ribeira denuncia a situación de abandono na que se encontra o parque de mascotas da cidade. De feito, segundo o voceiro nacionalista, Vázquez Cobas, “non se poden facer infraestruturas para logo deixalas caer a cachos”.

Segundo sinalan os nacionalistas, o problema foilles comunicado pola veciñanza, que se puxo en contacto coa agrupación para informar do mal estado das infraestruturas. “Por exemplo, a fonte non funciona adecuadamente, os carteis coas normas de uso son ilexíbeis, os aparatos están oxidados, a herba sen cortar e o chan sen amañar”, explican, engadindo que “o valado de madeira que rodea o parque está roto en moitos tramos e as táboas teñen as puntas enferruxadas”.

Vázquez Cobas explicou que “esta infraestrutura foi moi demandada pola veciñanza no seu día e recolléronse 3000 sinaturas esixindo a súa construción”. Por iso, “o desleixo e falla de mantemento por parte do concello provoca que, nin as mascotas nin a veciñanza, poidan desfrutar do parque canino do concello en condicións de tranquilidade e seguridade para as súas mascotas”.

O BNG de Ribeira ten como obxectivo favorecer o benestar animal. Por tanto, este servizo é indispensábel para levar isto a cabo. Desde a formación nacionalista lamentan “que o Partido Popular esqueza o mantemento desta infraestruturas” e afirman que “a política do PP consiste en facer infraestruturas que logo deixan caer a cachos porque non se fai mantemento ningún”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...