O BNG de Noia solicita a regularización do turismo de caravanas

16 Xuño 2021

O BNG vén de rexistrar no concello de Noia unha proposta para o seu debate no vindeiro pleno ordinario do 24 de xuño. Esta proposta pretende que as caravanas que acampen na localidade noiesa teñan unha infraestrutura na que se podan instalar con arranxo á legalidade vixente.


O ‘DECRETO 159/2019, do 21 de novembro, polo que se establece a ordenación dos campamentos de turismo’ estipula que “queda prohibida a acampada turística fóra dos campamentos de turismo autorizados pola
Administración turística de Galicia”. Do mesmo xeito, este decreto tamén establece a categoría especial de ‘campamentos para caravanas e autocaravanas’.
Dentro desta normativa, faise indispensable que as localidades conten, no caso de querer albergar caravanas no termo municipal, dunhas instalacións que conten con parcelas delimitadas e servizos básicos coma instalación
eléctrica, subministración de auga, tratamento e evacuación de augas residuais e tratamento e recolla de lixo, entre outros. En consecuencia, o portavoz dos nacionalistas en Noia, explicou que a súa reclamación, que levarán a debate no vindeiro pleno, pretende “mellorar as condicións para as persoas que practican o turismo de autocaravanas, á
vez de que se diminúan as repercusións urbanísticas, ambientais e de comodidade para á veciñanza neste eido”.
Os acordos que terá que votar a corporación noiesa no pleno do vindeiro 24 de xuño serán “establecer a dotación orzamentaria necesaria para a construción de, cando menos, un campamento de caravanas” e “o establecemento dunha ordenanza que regule o uso das caravanas e autocaravanas no concello de Noia”.

Outros artigos

O Son e Ribeira impulsan a XI edición do Obradoiro de Emprego Tahume

Tal e como confirmamos os días pasados dende este medio, o Concello de Ribeira será novamente beneficiario dunha subvención da Xunta (Consellería de Emprego, Comercio e Emigración) para desenvolver o Obradoiro Dual de Emprego Tahume XI, que dende os seus inicios...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.