No Son, este 1 de xullo abren as inscricións para unha nova edición de Xuventude na Rúa

30 Xuño 2021

En Porto do Son xa está todo listo para o comezo dunha nova edición de Xuventude na Rúa, o programa de lecer urbano-estival para adolescentes da contorna. Haberá, os venres dos meses de xullo (días 16, 23 e 30) e agosto (días 6, 13 e 20), actividades lúdicas, culturais, creativas, participativas e deportivas para a mocidade de 12 a 17 anos.

Segundo informou o Concello, as prazas son limitadas (ofértanse 16) e o prazo de inscricións abre este primeiro de xullo. O horario das actividades será de 10.30 a 13.30 horas. Para máis información, cómpre chamar ao 981 76 75 89.

Segundo explica o Concello, Xuventude na Rúa é unha iniciativa local para o fomento da participación xuvenil a través de obradoiros, xornadas deportivas e actividades lúdico-educativas. Trátase “dunha alternativa cultural e de ocio para os meses de verán” que busca “mellorar as habilidades creativas artísticas da xente nova, fomentar o traballo en equipo e o desenvolvemento de competencias relativas á autonomía e o compromiso, facilitando un espazo de participación social”.

Todas as accións programadas realizaranse de maneira preferencial ao aire libre, na contorna de Porto do Son, e atendendo á normativa e recomendacións publicadas en canto ás medidas hixiénicos sanitarias na actual situación da COVID-19.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...