No pleno aprobada a xestión das EDAR de Ribeira e Corrubedo

Pleno Concello de Ribeira 28 de xiño 2021

O pleno de Ribeira celebrado a noite deste luns aprobou a adxudicación do servizo de xestión das EDAR de Couso e Corrubedo, que o PP logrou sacar adiante co voto de calidade do alcalde, en medio dun forte enfrontamento verbal. A concesión do contrato á empresa proposta pola mesa de contratación fora rexeitada na sesión celebrada hai un mes, na que os votos en contra de BNG e PBBI, unidos ao feito de que o PP contaba cun edil menos tras a dimisión de Ana Ruiz, impediron a súa ratificación.

O alcalde, Manuel Ruiz, explicou que a compañía presentara un recurso ante o tribunal económico, argumentando que non se esgrimiron razóns de carácter administrativo para rexeitar a proposta da mesa e indicando que iso podía ser constitutivo dun ilícito penal. A explicación foi cualificada polo nacionalista Luís Pérez Barral como un intento de Ruiz por amedrentar á corporación, mentres que a edila do PBBI Herminia Pouso acusouno de falta de diálogo para chegar a acordos en cuestións crave. O rexidorlembrou que o pleno aprobara previamente o modelo de xestión e recalcando que podían votar en contra, pero que debían xustificalo: «*É unha decisión administrativa, non política».

A pequena liorta evidenciou que as posturas dos grupos eran inamovibles e repetíronse os resultados de hai un mes, con PSOE e Suma Absténdose, e BNG e PBBI votando en contra. A diferenza foi que o PP volvía contar con nove edís ao tomar posesión Javier Ventura Sampedro ao comezo da sesión.

Foron precisas dúas roldas sometendo o asunto ao referendo dos concelleiros e, na segunda, o voto de calidade do alcalde permitiu sacar adiante o punto.

O encarecemento do recibo trimestral da auga tras finalizar o período de proba das estacións depuradoras é o aspecto determinante na xestión do saneamento e un motivo de conflito. A empresa proposta pola mesa de contratación propón unha considerable rebaixa e o mandatario sinalou que o Concello elaborará a ordenanza fiscal para reducir, a partir do próximo exercicio, a cota para pagar polos veciños.

En canto o aparcadoiro da Praza do Centenario a corporación aposta por unha xestión municipal. Existeu coincidencia entre os grupos da corporación para unha xestión municipal do aparcadoiro do Centenario e todos os partidos mostrábanse partidarios de que os rendementos permitisen custear os gastos. Por agora descoñécese canto vai supoñer para as arcas locais o rescate do aparcadoiro do Centenario e que contía terá que desembolsarse para emendar as carencias.

Finalmente, a proposta do nacionalista Luís Pérez Barral para solicitar un préstamo dun millón de euros, que permita a construción da sede do club de remo e da nova biblioteca, caeu fronte á emenda do PP, consistente en incluír no orzamento do 2021 unha partida de 1,7 millóns para a execución de ambas as actuacións. O BNG logrou un compromiso do alcalde, quen asegurou que se os orzamentos non saen aprobados, no seguinte pleno traerá ambas as obras para financialas mediante un préstamo.

Os populares rexeitaron a iniciativa do BNG ao asegurar Ruiz en varias ocasións que polos 600.000 euros que propoñían resulta inviable levantar o club de deportes náuticos. Tampouco contou a formación con respaldo entre os restantes grupos. O socialista José Manuel Vilas apuntou que sería precisa unha valoración técnica da obra e un orzamento. O edil de Suma, Xurxo Ferrón, cuestionou que o Concello descartase a opción de Aguiño para o club de remo. Pola súa banda, o portavoz do PBBI, Vicente Mariño de Bricio, instou a PP, BNG e PSOE a facer os deberes para conseguir subvencións para estas obras. Ademais, mostrouse pouco receptivo á idea de solicitar un préstamo dadas as necesidades que deben cubrirse pola pandemia.