Melloras na sinalización do centro histórico de Rianxo

02 Xuño 2021

O Concello de Rianxo e a Policía Local veñen de informar dunha serie de melloras a pé de rúa, no centro histórico da vila, destinadas a avanzar en seguridade.

As melloras puxeron o foco na sinalización que está colocada na devandita contorna, incluíndo unha reorganización dos indicativos (para mellorar a fluidez e a seguridade do tráfico) e unha limitación da velocidade para a protección dos viandantes.

Asemade, habilitáronse novas zonas para carga e descarga, e aparcamento exprés.
A Policía Local fixo un chamamento a colaborar con estas novas indicacións e respectar as normas de seguridade e convivencia, ao tempo que indicou que con estas melloras “iníciase un período de adaptación da veciñanza á nova sinalización”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.