Irlanda deixa libre ao pesqueiro ‘Punta Candieira’

14 Xuño 2021


Irlanda deixou libre este luns ao ‘Punta Candieira’, buque que foi apresado o pasado 1 de xuño por supostas “infraccións” da normativa pesqueira e que permanecía no porto de Cobh, Condado de Cork, desde entón.
o pesqueiro galego pasou unha nova inspección do Servizo de Vixilancia Marítima do Ministerio de Transportes de Irlanda, que o deixou libre a mañá deste luns.

Despois de que a empresa armadora abonase a fianza de 170.000 euros para liberar ao barco, supostamente por faenar nas 12 millas territoriais do país, Irlanda impedira que o barco puidese abandonar o porto de Cobh durante varios días ao detectar deficiencias na navegación. O Ministerio de Exteriores realizou xestións para apremar unha nova revisión técnica que permitise ao palangreiro con base en Celeiro, volver á mar.

O patrón do pesqueiro enfróntase a un proceso que se prevé longo, acusado de tres cargos por infraccións da normativa pesqueira ao supostamente entrar e faenar en zona exclusiva de Irlanda.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...