Investigados dous homes tras fuxir en coche de axentes polo centro urbano de Outes e lanzar unha bolsa de marihuana

14 Xuño 2021

A Garda Civil investiga a dous veciños de Noia como presuntos autores dun delito contra a saúde pública tras unha fuxida infrutuosa polo centro urbano de Outes duns axentes que lle deron o alto, durante a que lanzaron unha bolsa con case medio quilo de marihuana por un portelo do coche.

Segundo o Instituto Armado, axentes de Outes cando realizaban un dispositivo preventivo de seguridade cidadá entre as 21,00 e 21,30 horas na estrada AC-550, no quilómetro 65, observaron un vehículo de cor branca no que viaxaban dous homes, polo que lle deron o alto para verificación da validez do permiso de condución do condutor.

Tras iniciar un seguimento os axentes observaron como o condutor arroxaba o que “aparentaba ser unha bolsa a cal quedou no bordo da calzada” e continuaron a fuxida. A patrulla proseguiu a persecución para tentar darlles o alto, debido a que non se puido observar a placa de matrícula completa.

Unha vez efectuada a parada identificouse a dous homes e realizouse unha inspección visual do interior do vehículo e rexistro superficial das persoas, pero os axentes non acharon nada para motivar a fuxida do punto de control. Os homes alegaron que se puxeron nerviosos por se fixeran algo malo.

Unha vez iniciado por parte dos axentes o percorrido á inversa que fixeran na súa fuxida, á altura dun establecemento comercial constataron que o obxecto lanzado polo portelo era unha bolsa plástica, a cal contiña unha substancia vexetal verde, supostamente marihuana, cun peso de 453 gramos.

Por iso procedeuse á investigación destes dous individuos como presuntos autores dun delito contra a saúde pública. Ademais, o condutor foi proposto para sanción por diversas infraccións relacionadas coa seguridade do tráfico.

Outros artigos

O alumnado de Tahume XI fórmase en novas tecnoloxías

O alumnado do Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos do Son e Ribeira, continúa avanzando na súa formación dixital tras rematar, recentemente, o módulo de Alfabetización Informática, impartido por Rebeca, técnica da Rede CeMIT impulsada pola axencia...

+

Belén do Campo comproba o funcionamento da nova varredora do Son

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e o alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, asinaron a acta de comprobación material do investimento da nova máquina varredora destinada a reforzar os labores de limpeza e recollida de residuos nas vías públicas do municipio...

+

A serie Ágata y Lola chega á Mostra de Curtas Vila de Noia

Este venres 13 de novembro, ás 20:30 h, o Liceo de Noia acollerá unha proxección especial da serie de Atresmedia Ágata y Lola, dentro da programación da XXVII Mostra de Curtas Vila de Noia. As entradas entregaranse este xoves 12 de 18:30 a 20:30 h e tamén ao remate da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.