Esta finde o comercio de Ribeira celebra con descontos e sorteos a súa Noite Aberta

03 Xuño 2021

A Asociación de Empresarios de Ribeira e o Concello presentaron este xoves 3 de xuño, no local da entidade na rúa Rosalía de Castro, a nova edición dunha actividade directamente encamiñada a dinamizar a actividade comercial da cidade logo do duro revés dos prolongados meses de pandemia e restricións.

Trátase da Noite Aberta de Ribeira, que se celebra esta mesma finde, os días 4 e 5 de xuño, e cuxa nova edición vén con importantes descontos en máis de 30 establecementos. O horario dos locais participantes será ata as 21.00 horas no caso do venres e ata as 22.00 no caso do sábado.

Haberá, entre outras importantes actividades dirixidas a incrementar a pegada da Noite Aberta, un sorteo de tres fins de semana de lecer nun balneario para dúas persoas. Tamén se sortearán dúas viaxes en catamarán.

O programa de actividades foi dado a coñecer polo presidente da Asociación de Empresarios de Ribeira, Francisco Martínez, e o concelleiro de Comercio, Ramón Doval.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.