Esta finde celébrase en Boiro o Campionato Galego por Equipos de Optimist

09 Xuño 2021

O Consistorio de Boiro acolleu este 9 de xuño a presentación do Campionato Galego por Equipos para clase Optimist, organizado pola Escola Náutico Deportiva de Boiro, o Club Náutico local e a Real Federación de Vela. A cita celebrarase os días 12 e 13 de xuño, na contorna do Club Náutico.

Na presentación participaron o concelleiro de Deportes Marcos Fajardo; o presidente da Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde; o presidente do Club, Manuel Fajardo; o presidente da Escola Náutica, Ramón Ares; e a directora de relacións institucionais de JEALSA, Margarita Hermo.

Segundo fixeron saber, as probas de regatas vanse realizar por equipos e haberá premios para os tres primeiros equipos da clasificación xeral, así como un trofeo de Campión Galego por Equipos da RFGV. As probas comezan o sábado día 12 ás 12.00 horas, cando saia a primeira proba do día e o domingo comezarán ás 11.00 horas. A entrega dos premios farase o domingo a partir das 18.30 horas.

O alcalde e o concelleiro de Deportes agradeceron á Federación, ao Club Náutico e á Escola Náutica polo traballo que realizan para que Boiro sexa un referente no deporte da vela e mostraron o compromiso e aposta do Concello en potenciar o deporte base.

Outros artigos

Avanzan as obras para a conversión do Campo da Mina a herba artificial

O Concello de Boiro está a levar a cabo as obras para a conversión a céspede artificial do Campo de Fútbol da Mina, en Lampón. Nesta semana realizouse o pavimentado da superficie de xogo para a instalación do tapiz de herba artificial. As actuacións que se están a...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.