“España acóllese ao convenio para o despezamento de buque mercantes”. Antón Luaces

12 Xuño 2021

España ven de proclamarse décimosétimo país asinante do Convenio Internacional de Hong Kong que regula o despezamento de buques mercantes de más de cincocentas toneladas brutas, baseándose nun conxunto de criterios medioambientais e sociais. 
Aínda así, non se cumpren todos os criterios de aplicación deste texto aprobado vai 12 anos pola Organización Marítima Internacional (OMI). Só se cumpre o primeiro criterio do 15 países asinantes.Integrada España no devandito Convenio, é dicir, sendo 17 os Estados que o integran, só representan o 29,77% da tonelaxe da frota mundial, segundo as cifras que baralla actualmente a OMI, cando o esixido é o 40%. Para que fose así -é dicir, para que o Convenio afectara ao 40% da tonelaxe da frota mundial- sería necesario o acordo de dous dos grandes pesos pesados: Grecia e a República Popular China, que non forman parte do Club. No seu defecto, abondaría con unha ducia de países con menor peso no transporte marítimo mundial.Con todos estes datos, podiamos cavilar na posibilidade de que o Convenio Internacional de Hong Kong permitiría afrontar unha parte moi importante da reciclaxe da frota mundial, feito no que India desempeña un papel fundamental, porque encabeza os países máis destrutores de buques de todo o mundo. Amáis, figura como un dos 17 países asinantes do Convenio citado desde novembro de 2019, co que o terceiro criterio do mencionado acordo debería cumprirse. Pero a realidade é que tamén é o máis complexo.Asinado en maio de 2009 en Hong Kong pola OMI, este Convenio percura a seguridade e xestión medioambientalmente racional do reciclado de buques e ten como obxectivo garantir que os buques destinados á súa reciclaxe -rematado xa o seu ciclo de vida útil- non supoña un risco innecesario para a saúde humana e a seguridade do medio ambiente.O Convenio é de aplicación en barcos con dereito a enarbolar a bandeira dun Estado membro ou operando baixo a súa responsabilidade, e instalacións de reciclado de barcos operados baixo a xurisdicción dun estado membro.Non así os barcos de guerra, barcos auxiliares ou barcos en propiedade ou operados por un estado membro e usados para un servizo non comercial, barcos de menos de 500 GT e barcos operando únicamente durante a súa vida útil en augas suxeitas á soberanía ou xurisdicción do país do que ten dereito a enarbolar a bandeira.  

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Regenerar las administraciones”. José Castro López

“Regenerar las administraciones”. José Castro López

Siempre hubo casos de nepotismo en las administraciones públicas, pero nunca comoahora. La Unidad Central Operativa de la Guardia Civil (UCO) atestiguó que la tramaKoldo colocó en empresas públicas a parejas, amantes, amigas y asesores de un ministrodel Gobierno y hay...

“Al lío. Las verdades prioridades”.  Alberto Barciela

“Al lío. Las verdades prioridades”. Alberto Barciela

Al margen de resultados coyunturales, es evidente que el Estado necesita de algunas decisiones consensuadas, pactadas, maduradas que permitan ajustar su funcionamiento a la demanda de los tiempos. Es más que probable que el consenso -a todas luces imposible en la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.