En Ribeira controlado polo GAEM un incendio forestal no parque de San Roque

12 Xuño 2021

Grazas á rápida intervención do GAEM púidose extinguir nun curto espazo de tempo, provocando os menos danos posibles. Queimouse unha superficie total que roldaba os 600 metros cadrados de zona arbolada. Os efectivos do grupo de emerxencias municipal estiveron traballando na zona ata preto das dúas da madrugada, perimetrando
e arrefriando o terreo queimado.
Tamén colaboraron no dispositivo a Policía Local, a Policía Nacional, un axente forestal, unha brigada de distrito, unha motobomba municipal, unha motobomba de distrito e bombeiros do Parque Comarcal de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eurocopa”. Xulio Xiz

“Eurocopa”. Xulio Xiz

Noto o peso dos anos, máis ca fisicamente nas continuas referencias a tempos idos. E non porque xeneralice a bondade do pasado, que moito habería que matizar, senón porque o paso do tempo me vai permitindo comparar situacións que me parecen aberrantes. O deporte –...