En Ribeira a Fundación Celta organizará un campus na Fieiteira entre o 16 e 0 20 de agosto

23 Xuño 2021

O complexo polideportivo da Fieiteira dará cabida entre o 16 e o 20 de agosto a un campus de verán de fútbol base organizado pola Fundación Celta: unha iniciativa dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 16 anos coa fin de seguir impulsando a práctica deste deporte no municipio.
A iniciativa foi presentada pola concelleira de Deportes do Concello de Ribeira, Juana Brión; o director da Fundación, Germán Arteta; e o responsable das escolas deportivas desta entidade, Manu Gómez.
Xunto a eles estiveron os representantes de diversos clubs locais: Cidade de Ribeira, Xuventú de Aguiño e Atlético Oleiros.


Brión agradeceu á Fundación o poder contar novamente con esta iniciativa, froito do convenio asinado entre ambas institucións. Pola súa parte, Germán Arteta salientou a súa idoneidade para que o fútbol base siga medrando, en tanto que Manu Gómez afirmou que sería un éxito que acudiron rapaces de todos os clubs do municipio ou incluso nenos que nunca xogaron ao fútbol.
Inscricións
O prazo para inscribirse xa está aberto na páxina do Celta de Vigo: https://shop.rccelta.es/es/campus-ribeira.html. A data límite é o 11 de agosto. As clases desenvolveranse de 9.30 a 14 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.