En Portosín 2ª xornada Campionato de España ILCA Máster 6 e 7

05 Xuño 2021

Salida manga. remetida

De extraordinaria pódese cualificar a segunda xornada do Campionato de España ILCA Máster, que ata
mañá domingo dispútase na Ría de Muros e Noia, organizado polo Real Club Náutico de Portosín, baixo o patrocinio do Excmo. Concello de Porto do Son e Turismo de Galicia, a través do Plan Xacobeo 21-22, e a colaboración da Real Federación Galega de Vela, a Confraría de Pescadores de San Andrés de Portosín, Gadis, Conservas Sotavento,
Patacas Bonilla e a Adega Paco e Lola.
Repiten liderado os cataláns José María van Der Ploeg e Mónica Azón que, nas súas respectivas categorías, non deron tregua ao resto da frota, a pesar de entrar en xogo o descarte ao peor resultado, que no caso do dos de Barcelona, aumentaba o seu rédito.
Con este segundo día do campionato, con vento e intensidade similares ao do onte venres, van Der Ploeg / C. N. O Balís, apontoa o primeiro banzo do podio de ILCA 7, con 6 puntos con seis mangas validadas de campionato. Sóbese ao caixón e no segundo posto o canario Josele Doreste / C. N. San Feliu de Guixols, con 13 puntos. E pecha
no bronce o valenciano Javier Muñoz / Mariña Valencia, con 17 puntos, baixando unha posición respecto ao primeiro día da regata.
Curiosamente, os irmáns Echávarri, Carlos e Javier / R. C.M. Santander, ocupan a cuarta e quinta praza, respectivamente con 23 e 25 puntos. O primeiro galego clasificado segue sendo o portosinense Javier Isidro / R. C. N. Portosín, con 28 puntos na sexta posición.

remitida

En ILCA 6, Mónica Azón afianza o seu liderado. A do C. N. Arenys de Mar, domina a categoría con 6 puntos, sendo hoxe os seus parciais de 3-1-1, terceiro debido a que descartou como peor resultado. Aparece en escena e ocupando o segundo lugar da listaxe o madrileño Alfonso Moreno / C. R.
Madrid, con 14 puntos. E baixa un posto o malagueño Arturo Reina / RCN Estepona, con 18 puntos, do mesmo xeito que descende dúas prazas a primeira galega da clasificación, a vigues Mariña Couñago / RCN Vigo, no posto 20.
Mañá domingo, o Comité da regata tentará validar outras tres mangas, cumprindo desta maneira o programa completo da competición, fixado en 9 probas, nun último día no que a previsión meteorolóxica segue marcada pola bonanza na comarca do Barbanza. A entrega de premios celebrarase ás cinco da tarde nas instalacións do Real Club Náutico Portosín.

Monica Azón. remetida

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.