En Noia o Concello comparte a distribución da verbena piloto deste sábado

Estes días proseguiron os preparativos para a proba piloto das verbenas que se vai desenvolver en Noia este 19 de xuño, sábado, impulsada por Cultura de Noia, que compartiu no Facebook os planos para facernos unha idea da distribución e a organización deste innovador evento cultural libre de COVID-19.

A área de Cultura que dirixe Pepe Pérez tamén lembrou outras importantes disposicións que deben ter en conta as e os asistentes:

-Durante a actuación deben permanecer na súa localización.

-A máscara será obrigatoria.

-Nas entradas e saídas deben respectar as distancias de seguridade.

-As portas abriranse ás 19.00 horas.

A iniciativa, segura e cen por cen anti-COVID, levarase a cabo a partir das 21 horas no paseo marítimo, concretamente na explanada de Labarta.

As inscricións poden facerse a través da conta de correo culturaconcellodenoia@gmail.com. Como máximo poderanse inscribir un total de 4 persoas por solicitude.