En Lousame dúas persoas voluntarias europeas dinamizarán as actividades sociais e culturais do Concello durante nove meses

17 Xuño 2021

Dúas persoas voluntarias europeas procedentes de Turquía, Ebru Karaca e Dilara Güven, chegaron ao Concello de
Lousame no mes de maio para participar no proxecto europeo ‘Actividades interxeracionais de voluntariado’. O programa desenvolverase ata o 17 de decembro e inclúe actividades formativas, colaboración cos equipos da oficina
de voluntariado e de xuventude, participación en actividades de cultura, de servizos sociais e de deportes.
No primeiro mes da súa estancia as dúas persoas voluntarias tiveron a oportunidade de afondar no coñecemento do noso idioma e de gozar da beleza das paisaxes destas áreas. En rolda de prensa, ambas coincidiron en poñer en
valor o patrimonio natural do Concello de Lousame. Pola súa banda, Teresa Villaverde, alcaldesa de Lousame, destacou a capacidade de adaptación das persoas voluntarias e sinalou que “este programa é unha gran oportunidade
para coñecer outras culturas e ademais permítenos achegar Lousame a outros países e facer que o nome do noso municipio estea presente alén das nosas fronteiras”.
A longo destes oito meses, as dúas persoas voluntarias que forman parte do da entidade ‘Asociación Xuvenil GAP Genclik Denergi’ promoverán actividades, participarán en conferencias, obradoiros de animación á lectura, participarán en actividades de teatro, musicais ou deportivas, contribuirán á dinamización do Centro de Día, exercerán de apoio no Punto de Atención á Infancia e facilitarán a realización actividades lúdicas en inglés. O programa desenvólvese a través
do Corpo Europeo de Solidariedade, que mantén unha listaxe de persoas de entre 18 e 30 anos que desexan participar en proxectos de voluntariado e iniciativas solidarias.

O Concello de Lousame retoma esta actividade despois de que o ano pasado a situación de crise sanitaria pola Covid-19 impedise o seu desenvolvemento e suspender de xeito temporal o proxecto.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.