En Lousame aberto o período de preinscrición para os cursos de natación

15 Xuño 2021

O Concello de Lousame vén de anunciar a reapertura da súa piscina municipal o vindeiro 1 de xullo, así como os cursos de natación de verán que comezarán o día 5 de xullo. As prazas para este curso son limitadas e o período de preinscrición abrirase o 16 de xuño. A piscina permanecerá aberta ata o día 15 de setembro.
Os cursos da piscina organizaranse por franxas de idade con dúas quendas nas que haberá un máximo de seis rapaces, cun total de 12 prazas por cada grupo debido á COVID-19. Así, os nenos e nenas de 4 a 6 anos distribuiranse no grupo A os luns e mércores de 12:30 a 13:30 horas e no grupo B os martes e xoves no mesmo horario.
Doutra banda, a os grupos de 7 a 10 anos dividiranse nos mesmos días pero nas horas de 11:30 a 12:30. Pola súa parte, os maiores de 11 anos practicarán natación de 10:30 a 11:30 horas, tamén luns e mércores o grupo A, e martes e xoves o grupo B. Tódolos interesados en participar deberán tramitar a súa inscrición a través da concellaría de Deportes na Casa do Concello.
Ademais, o Concello informou que a piscina só estará aberta para os cursos de natación e pola tarde abrirá de 15:00 a 21:00 horas de luns a domingo, cun aforo total de 78 persoas segundo as medidas de seguridade establecidas polas autoridades sanitarias por mor da COVID-19.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.