En Boiro Olloboi celebra esta fin de semana a edición 10+1 do Festival de cine escolar no parque da Cachada

09 Xuño 2021

O Concello de Boiro colabora coa celebración da edición 10+1 do Festival de cine escolar Olloboi que se vai celebrar este sábado 12 de xuño a partir das 19.30 horas no parque da Cachada. A concelleira de Cultura, María Outeiral; o técnico de cultura, Alberto García; e a presidenta da asociación, Ana Moreiras, presentaron esta mañá a programación e planificación do mesmo.
Nesta edición participaron 160 traballos de todo Galicia e os premios ás mellores pezas audiovisuais elaboradas nas escolas galegas vanse entregar este sábado. O mesmo día vaise proxectar o documental Cadernas de Olloboi,
que mostra e recolle o sentir dos once anos de festival.
Debido á situación sanitaria producida pola Covid-19 o festival non vai estar aberto ao público xeral, so asistirán como convidados os finalistas dos premios. Dende a organización mostráronse moi agradecidos con poder volver realizar o festival nunha situación difícil para a creación audiovisual e resaltaron o traballo e involucración da comunidade educativa pola calidade dos proxectos presentados.
A concelleira de Cultura, María Outeiral, falou da importancia que ten un festival destas características pola creación de sinerxías entre cultura e educación e resaltou a importancia que ten para o Concello que un festival das características de Olloboi se celebre en Boiro.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...