En Boiro e Lousame, concentracións contra a violencia machista e vicaria

14 Xuño 2021

O Concello de Lousame gardou este mediodía un minuto de silencio na porta principal do edificio consistorial como xesto de repulsa contra a violencia vicaria e a violencia machista (exemplificadas en dous dramáticos sucesos recentes: o asasinato de Anna e Olivia a mans do seu pai e o asasinato de Rocío, de 17 anos, en Estepa, Sevilla, aos que se suman as mortes dun neno e cinco mulleres, unha delas embarazada, no último mes).

O Goberno municipal de Lousame condenou firmemente a violencia de xénero e os seus representantes quixeron brindar o seu apoio ás familias de todas as mulleres asasinadas, un total de 21 no que vai de ano.

“Toda a nosa repulsa contra a violencia machista e vicaria. Combatela é unha tarefa na que todos e todas debemos implicarnos no noso día a día e, especialmente, dende o eido da educación”, sinalou Teresa Villaverde, alcaldesa do Concello de Lousame neste acto.

En Boiro

En Boiro celebrouse na mañá deste 14 de xuño unha concentración dos traballadores municipais diante da Casa Consistorial en repulsa da violencia machista, unha lacra que por desgraza segue especialmente presente na nosa sociedade, tal e como quedou de manifesto cos devanditos recentes casos.

Participaron na concentración traballadoras e traballadores do Concello, da Corporación municipal e do equipo de Goberno.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...