Domingo pasado por auga e temperaturas frescas. O verán empeza o luns ás 5,32 da madrugada

19 Xuño 2021

O domingo a comarca e Galicia queda na influencia dunha borrasca situada ao norte da Comunidade. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos probables en calquera punto. As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos mentres que as máximas descenderán lixeiramente. Os ventos soprarán moderados do suroeste, con intervalos fortes no litoral coruñés.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do sudoeste, forza 3 a 5 á mañá e á noite e 4 a 5 á tarde. Marusía á mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá, 2.5 a 3.5 metros á tarde e 3 a 4 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar00:223.2 m
Baixamar06:461.0 m
Preamar13:043.2 m
Baixamar19:071.1 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar00:133.2 m
Baixamar06:361.0 m
Preamar12:553.1 m
Baixamar18:591.1 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar00:173.2 m
Baixamar06:421.0 m
Preamar13:003.2 m
Baixamar19:041.1 m

* As horas están en horario local.

O verán comeza ás 5,32 horas do 21 de xuño. En dito instante o Sol estará no punto Cáncer da eclíptica, ou solsticio de xuño, acadando a máxima elevación con respecto ao ecuador (máxima declinación). Nestes días, polo tanto, temos a meirande diferenza entre o día e a noite.

A estación que agora comeza prolongarase ata as 21.21 horas do 22 de setembro. Estes 93,66 días fan que o verán boreal sexa a estación máis longa das catro. Nesta ocasión, a visión das Perseidas na noite do 12 ao 13 de agosto verase favorecida pola fase lunar, que estará entre nova e crecente e que, polo tanto, non vai estorbar durante a noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Xoves 14 ceos variables e descenso das temperaturas

As Rías Baixas vivirán este xoves 14, día da Ascensión festivo en Santiago e San Matías, unha xornada de ceos variables, con alternancia de nubes e claros e posibilidade dalgún chuvasco ocasional, especialmente cara á noite. O vento soprará moderado do norte-noroeste,...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.